Interior
Unha nova forma de luxo. A camper Neo combina materiais sofisticados e elementos de confort avanzados para redefinir a vida sobre rodas. Escolle entre dous acabados e faina túa.


Mobiliario en gris perla antipegadas combinado con encimeiras efecto madeira natural e detalles en negro mate. Un acabado luminoso e atemporal que potencia a sensación de amplitude e luminosidade interior.
Espazos
Sen barreiras visuais innecesarias, a distribución favorece a amplitude, a circulación e o aproveitamento de cada centímetro dispoñible.

Unha fronteira entre conducir e vivir.
No modelo Neo, o habitáculo e a cabina están completamente separados.

Cabina de condución
A Neo separa por completo a cabina do habitáculo, para que o teu espazo de descanso sexa xusto iso: un lugar íntimo, recollido e mellor illado do frío, da calor e do ruído. O teu fogar, coa súa propia porta.
Sistemas
Todos os sistemas da camper Neo concibíronse para simplificar a vida a bordo, dando autonomía da rede e asegurando unha xestión eficiente dos recursos para que poidas centrarte unicamente en gozar da viaxe.
Desde a xestión enerxética ata os sistemas de auga e iluminación, todo está integrado para ofrecer unha experiencia cómoda, fiable e sinxela.
Confort
Goza dunha camper sofisticada con funcións de confort coidadosamente deseñadas para que te sintas como na casa.
Almacenaxe
Espazo para todo (e máis). 2.230 litros para non deixar nada atrás. Un maleteiro de gran capacidade e armarios repartidos por todo o interior fan da Neo unha das campers máis xenerosas en almacenaxe da súa categoría. Porque viaxar lixeiro está ben, pero poder levalo todo, mellor.

Descubre máis sobre a camper Neo
Cociña

Fregadeiro
Fregadeiro negro con billa extensible.

Placa de indución
Placa de indución Dometic de fogón dobre. Unha opción elegante, funcional e moi fácil de limpar.
* Dispoñible nas opcións Plus e Signature

Neveira
Neveira Indel B de 86 L con conxelador e compresor 12 V: eficiencia real, estea o motor aceso ou non. E se buscas máis capacidade, dispoñible en versión de 140 L.

Vinoteca
Vinoteca termoeléctrica con capacidade para 8 botellas.










