A túa Space desde 76.500 €.

Test Experience

Vive unha Nomade antes de decidir

Estamos a preparar a próxima Test Experience.

Imaxinas como sería viaxar nunha camper Nomade? A Test Experience é a forma de comprobalo de verdade: uns días cunha camper para ti, para cociñar nela, durmir nela e ver como encaixa na túa vida antes de tomar unha decisión.

En que consiste

Comeza nas nosas instalacións, onde se fabrican as campers. Un dos nosos asesores recíbete, amósache a sede e o taller, explícache como funciona todo e queda á túa disposición durante toda a experiencia.

Viaxas onde queiras. E para que a túa primeira saída sexa de 10, o equipo de Nomade déixache as súas recomendacións antes de partir.

Volves sabendo o que ningunha proba de media hora che pode dicir: se esta é a túa forma de viaxar e que modelo encaixa contigo.

As datas, as prazas e as condicións pecharanse antes de abrir reservas. Cando estean definidas, publicarémolas aquí.

Dispoñibilidade

Aínda non hai datas abertas.

Déixanos o teu email e escribímosche en canto as haxa.

Quero recibir novidades e ofertas de Nomade Nation por correo electrónico.

Outras opcións

Non atopas dispoñibilidade, estás moi lonxe ou prefires probar outro modelo?

Lembra que contamos cunha rede de Rent Partners, que teñen modelos Nomade nas súas frotas de aluguer.

Alugar unha Nomade
Vive unha Nomade antes de decidir