Interior
Minimalismo que se sente. A luz cálida envolve cada recuncho e o confort adáptase a ti. Dous acabados, a mesma sensación: a de estar na casa, vaias onde vaias.


Mobiliario en gris perla antipegadas combinado con encimeiras efecto madeira natural e detalles en negro mate. Un acabado luminoso e atemporal que potencia a sensación de amplitude e luminosidade interior.
Espazos
Sen barreiras visuais innecesarias, a distribución favorece a amplitude, a circulación e o aproveitamento de cada centímetro dispoñible.

Conecta cabina e fogar

Paso a cabina
Conecta ou íllate, cando queiras. O paso a cabina da Neo S une cabina e habitáculo cunha simple porta: ábrea para gañar amplitude e continuidade, péchaa para descansar con total privacidade. Dous asentos individuais e unha distribución que se transforma contigo.
Sistemas
Todos os sistemas da Neo S concibíronse para simplificar a vida a bordo, dando autonomía da rede e asegurando unha xestión eficiente dos recursos para que poidas centrarte unicamente en gozar da viaxe.
Desde a xestión enerxética ata os sistemas de auga e iluminación, todo está integrado para ofrecer unha experiencia cómoda, fiable e sinxela.
Confort
Goza dunha camper sofisticada con funcións de confort coidadosamente deseñadas para que te sintas como na casa.
Almacenaxe
Gárdao todo, viaxa tranquilo. Con 2.180 litros de almacenaxe entre maleteiro e armarios, na Neo S cabe todo o que precisas para calquera aventura.

Descubre máis sobre a camper Neo S
Baño

Ducha
Baño estanco completo, ducha interior e tarima antiescorregadiza. Persiana de PVC de ducha de cor negra, tipo corredía.

Inodoro
Escolle entre o inodoro químico de cassette Dometic CT 4050, práctico e fácil de baleirar, ou o WC seco Clesana*, sen auga nin químicos e máis sustentable. Ti decides como viaxar.
* Dispoñible nas opcións Plus e Signature

Almacenaxe e outros
Un baño completo, ata no máis pequeno. Armario, portarrolos e colgadoiro de toallas para que non falte nada e todo teña o seu lugar.











